Como xa puidestes observar na entrada anterior, estivemos a traballar con diferentes páxinas de recursos educativos. Agora queremos facer unha pequena reflexión acerca do seu contido.
Todas as páxinas e portais web que analizamos parécennos de moita utilidade xa que serve como referente para obter recursos educativos cos que poder traballar cos nenos e nenas na aula. Todas descubrimos diferentes webs moi interesantes e descoñecidas ata agora por nós.
Consideramos que foi unha busca moi enriquecedora tanto persoal como para un futuro cando sexamos docentes. Ademais esperamos que esta análise lles sirva a outros compañeiros da aula para descubrir novas actividades, xogos, etc.
Esperamos seguir facendo actividades tan productivas coma esta!
0 comentarios:
Publicar un comentario