miércoles, 29 de octubre de 2014

A creatividade na escola

Ola soñadores! 

Hoxe traémosvos un vídeo dunha das conferencias TED que deu o incrible Ken Robinson no 2006. 

Non sabedes quen é? Ken Robinson (http://sirkenrobinson.com/) un educador, escritor e conferenciante británico coñecido mundialmente por ser un experto en asuntos relacionados coa creatividade, a calidade do ensino, a innovación e os recursos humanos.

Este vídeo fainos reflexionar sobre moitas cousas e aínda que é un pouco antigo fainos formularnos unha morea de preguntas.

Xa que nós estamos a realizar un proxecto para introducir as TIC na aula fainos que nos preguntamos se coa introdución das novas tecnoloxías nas clases axudamos a fomentar a creatividade nos nenos ou pola contra estamos a rematar coa pouca que existe. Que opinades? 

Animámosvos a que vexades o vídeo e que leades tamén a entrevista que lle realizou o xornal "La Vanguaridia" hai uns anos:





Esperamos que vos guste tanto como a nós!



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Cute White Flying Butterfly