Mostrando entradas con la etiqueta Diario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Diario. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de noviembre de 2014

A nosa experiencia nesta materia

Quen nos diria que ibamos a chegar ata aqui!!! Xa estamos na reta fínal.
O principio costounos moito arrancar, non sabíamos nin que facer nin como avanzar, estabamos moi perdidas pero pouco a pouco fomos encontrando o noso camiño e escalón a escalón superamonos ata chegar á meta. Non foi fácil xa que o estrés e a tensión constante formaron parte de nós durante moito tempo. Un reflexo desta aventura é a viñeta que mostramos a continuación. Con isto queremos trasmitirlle a todos que nada é imposible pero sobre todo hai que intentalo.






E non vos esquezades: sexa o que sexa que podes ou soñes que podes, COMEZAO!!!!!!

lunes, 13 de octubre de 2014

Reflexión sobre a búsqueda dos recursos web.

Como xa puidestes observar na entrada anterior, estivemos a traballar con diferentes páxinas de recursos educativos. Agora queremos facer unha pequena reflexión acerca do seu contido.

Todas as páxinas e portais web que analizamos parécennos de moita utilidade xa que serve como referente para obter recursos educativos cos que poder traballar cos nenos e nenas na aula. Todas descubrimos diferentes webs moi interesantes e descoñecidas ata agora por nós.

Consideramos que foi unha busca moi enriquecedora tanto persoal como para un futuro cando sexamos docentes. Ademais esperamos que esta análise lles sirva a outros compañeiros da aula para descubrir novas actividades, xogos, etc.

Esperamos seguir facendo actividades tan productivas coma esta!

lunes, 22 de septiembre de 2014

Reflexión sobre a materia:

Dende o noso punto de vista, esta materia parécenos moi interesante e práctica debido a que é moi útil para traballar con nenos/as no día a día, xa que nos ofrece recursos audiovisuais e tecnolóxicos que, ben usados, nos facilitarán a ensinanza na aula.

A pesar disto, atopámonos con algunhas dificultades como por exemplo:
- Falta de información e experiencia previa.
- Falta de dominio dos termos lingüísticos utilizados no ámbito tecnolóxico.
- Descoñecemento do funcionamento dos programas relacionados co proxecto (JClic, hotpotatoes...)

Aínda así temos unha actitude positiva cara a materia e esperamos aprender moito e obter bos resultados ao longo do curso.
 
Cute White Flying Butterfly