Dende o noso punto de vista, esta materia parécenos
moi interesante e práctica debido a que é moi útil para traballar con nenos/as
no día a día, xa que nos ofrece recursos audiovisuais e tecnolóxicos que, ben
usados, nos facilitarán a ensinanza na aula.
A pesar disto, atopámonos con algunhas dificultades
como por exemplo:
- Falta de información e experiencia previa.
- Falta de dominio dos termos lingüísticos utilizados
no ámbito tecnolóxico.
- Descoñecemento do funcionamento dos programas
relacionados co proxecto (JClic, hotpotatoes...)
Aínda así temos unha actitude positiva cara a materia
e esperamos aprender moito e obter bos resultados ao longo do curso.
0 comentarios:
Publicar un comentario