miércoles, 22 de octubre de 2014

Cóntame un conto... pero con Edilim.



Boas tardes soñadores,

Moitos de vós estádenos preguntado polo software Edilim (un programa para a creación de libros/contos) xa que parece ser que estades a ter problemas para saber como funciona, que é o que podemos e non podemos facer con este programa e a moitos estavos a parecer un pouco complicado utilizalo.

Por iso querémosvos deixarvos un vídeo titorial de youtube que a nós nos serviu para comezar a utilizalo sen desesperarnos. Nos xa lle collemos o truco!







Pero iso non é todo. Por se acaso este titorial non vos chega para coñecer un pouquiño o seu funcionamento tamén querémosvos deixar a páxina web deste programa na que podedes encontrar un montón de información adicional e mesmo o descargar.





Nós xa realizamos o noso primeiro libro con este programa e estámolo a revisar para que dentro de poco volo poidamos ensinar.

Animámosvos a que o probedes e que nos ensinedes as vosas propias creacións.

Mentres podedes botarlles unha ollada a estes contos que encontramos pola rede:

Negros e brancos:


Xogando con Elmer:


Carapuchiña vermella:


O Bosque Encantado:


A qué sabe a Lúa?


Los piratas:


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Cute White Flying Butterfly