viernes, 24 de octubre de 2014

Érase unha vez... a nosa primeira actividad con Edilim.

Boas noites soñadores!!!

A que non hai nada mellor para os máis pequenos que ler un conto antes de durmir?


Pois ben, énchenos de orgullo dicir que xa finalizamos a nosa primeira actividade do proxecto co programa Edilim.

Así que esta noite vos deixamos o enlace do noso primeiro conto: Peter Pan voando cara a Nunca Xamais. Pero antes de que o vexades queremos dicirvos algunhas cousiñas:

Como veredes cando abrades o enlace, o conto que fixemos é un pouquiño longo e con moitas actividades así que non vos asustedes porque a continuación vos imos dicir cómo imos traballar este conto na aula (que tamén servirá para traballar dese xeito na casa):

1. Proxectaremos o conto na pizarra dixital e lerémosllo aos nenos páxina por páxina. Por que? Porque o conto vai combinado partes de lectura con partes de actividades co que dese xeito despois de ler cada páxina poderemos sacar os nenos individualmente ou en parellas para ir realizándoas e comprobar que os pequenos están atentos e non perden a atención.

2. Pola extensión deste conto, os nenos non teñen porqué lelo todo seguido. Nesta idade están a aprender a ler polo que outra opción para traballar individualmente con cada neno é a de axudarlles a ler cada día unha páxina e realizar a súa actividade correspondente. Deste xeito, o/a neno/a estará motivado/a para seguir lendo cada día un pouquiño máis. 

Estas son dúas maneiras de traballalo pero hai outras moitas. Non vos queremos facer esperar máis así que aquí esta o enlace:



"Que ironía, vén a polo Capitán Garfio e tragarase un conto" Peter Pan de J.M Barrie 

Que vos parece? Esperamos que vos guste e que nos enviedes as vosas suxestións, opinións etc

Que teñades doces sonos!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Cute White Flying Butterfly