viernes, 31 de octubre de 2014

Contos para pasalo de medo!

Estase a facer de noite e dentro de pouco os nenos/ás teñen que ir a durmir. Algúns van ser incapaces de conciliar o sono porque teñen algúns medos tan naturais como a ruídos raros, á crenza de que hai monstros no cuarto...

Nós ademais de ofrecervos contos para pasalo ben neste día tamén ímosvos recomendar outros para que os nenos vaian perdendo eses medos que teñen.



1. "Un pesadelo no meu armario" de Mercer Mayer (Editorial Kalandraka):

Este conto fala dun neno que ten dificultade para conciliar o sono pola noite xa que está preocupado pola presencia no seu cuarto dunha criatura que resulta non ser tan terrorífica coma parece.





2. "No bosque" de Anthony Browne (Editorial Kalandraka):



Este conto reinventa a historia de Carapuchiña Vermella. Un neno intérnase no bosque para ir a casa da súa avoa pero no camiño econtrarase personaxes moi coñecidos polos nenos así como un sinfín de perigos.





3. "Onde viven os monstros" de Maurice Sendak (Editorial Kalandraka):



Conta as aventuras de Max, un neno con moita imaxinación. Esta historia foi levada fai moi pouco ao cine cunha gran acollida por parte do publico infantil e adulto.





4. "Unha pantasma con asma" de Carmen Gil e Sarah Webster (Editorial Kalandraka):

Ata as pantasmas poden chegar a contraer enfermidades, sobre todo se viven soas e en ambentes non moi bos. As divertidas rimas de esta historia recetarannos o remedio infalible que cura todos os males, incluídos os pantasmales.




5. "Gato Guille e os monstros" de Rocío Martínez (Editorial Kalandraka):

Este gato ten moito medo aos ruidos que se escoitan na súa casa, claquera ruido xa o asusta. Coa axuda da súa nai o Gato Guille aprenderá a racionalizar os seús temores.



6. "Chivos chivones" de Olalla González (Editorial Kalandraka):

Conto popular. Isto é o que lle sucedeu a tres Chivos Chivóns cando querían cruzar unha ponte e se encontraron cun ogro.







7. "Mefi, Sata e Demi" de Mercedes Neuschäfer-Carlón (Editorial Kalandraka):

Malvados, consentido es indisciplinados estes tres irmáns son un tormento para todo aquel que os rodea: mestres, criados... pero coa chegada ao castelo de Bianca, Bela e Angui, os fillos do Conde atopan a horma dos seús zapatos e comezarán a probar da súa propia mediciña porque ata as criaturas máis anxelicais se poden converter no peor pesadelo.





Esperamos que os gusten a vos e a os vosos cativos!

Que teñades doces sonos!

Moitos bicos de bruxas, fadas e pantasmas!!!

Recursos web para a noite de bruxas


Que tal está a ir o día de hoxe? Moitos sustos?

Pois seguimos traéndovos cousas para este día tan cheo de maxia.

Agora tócalle a quenda aos profes de infantil e primaria. Buscando pola rede encontramos dúas páxinas onde podedes encontrar un montón de xogos, cancións, poesías etc sobre Halloween pero que podedes adaptar para a nosa tradición galega.

A primeira de elas é a da xunta de Castela e León:

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/halloween/wanda_cast/home.html




Nela podedes encontrar xogos para traballar en clase, así como  curiosidades, tradicións, cancións e moitas cousas máis!

A segunda páxina tratase da do porta de Orientación Andujar:

http://www.orientacionandujar.es/2014/10/16/fichas-y-actividades-para-halloween-recopilatorio/

Encontraredes un recopilatorio de moitos xogos, cancións, mándalas e demáis cousillas tanto para infantil coma para primaria polo que igual tedes que modificalas un pouco para adaptalas a tódalas idades.


Esperamos que os sirvan!

Receitas para Samaín

Qué mellor forma de celebrar este día tan especial que cunhas receitas moi moi ricas??

Aquí vos deixamos dous que nos gustan un montón!


A primeira é esta:

Dulces para Samaín


Tipo de receta: Doce
Número de partes: 4 porciones
Tempo de preparación: 20 Minutos
Tempo de cocción: 0 Minutos
Listos en: 20 Minutos 
Dificultade: Fácil




Ingredientes:

100 g de azúcre
2 ovos
25 g de mantequilla                                                                                       Medio sobre de levadura 
Ralladura de 1 limón
1 pizca de sal
1 vasito de leite morno
Aceite de oliva


Preparación:


Paso 1: Facer no lume ó almíbar forte có azucre e auga.
Paso 2: Engadir a amendoa e remexer fortemente ata formar unha pasta.Deixar enfriar mentras se confecciona o doce de xema.
Paso 3: No lume facer o almíbar co azucre e auga.Amasar o mazapán e estiralo co rollo da cociña, nunha superficie espolvoreada con azúcre glas.
Paso 4: Cortar tiras de 4 centímetros. E logo éstas en cadrados.
Paso 5: Enrollar cada cadrado nun palito de 1 centímetro de diámetro. Pegar a masa cos dedos para formar uns pequenos cilindros e pasalas por azucre glas. Sacar do palo, deixar secar e rechear co doce de xema.


A segunda é esta:

"Chulas de Calacú"



Ingredientes:

1/2 kg cabaza.
250 grs. de Fariña de trigo.
3 cucharadas soperas de azúcre(colmadas.
Medio sobre de levadura Royal.

2 ovos.
125 ml de leite.
1/2 copa de anís.







Preparación:

1. Poñer a cocer a cabaza cun pouco de sal, durante 10 minutos aprox.

2. Batir a cabaza cocida e engadir ó leite y os ovos, batir.


3. Engadir ó azúcre e ir batendo. Engadir o anís.

4. Engadir a fariña ata que quede unha crema consistente pero sen ser espesa, parecida a das filloas ou crepes.






5. Nunha tixola ponse aceite dabondo e se lle botan unhas mondas de limón ou de laranxa para que o aceite absorva o sabor. Cando estean torradas, retirar.




6. Cun cazo botanse pequenos montóns do amoado ( masa das chulas) na tixola.

7. Fríense polos dous lados e cando se sacan bótanse enriba do papel absorvente para que absorva o sobrante do aceite.

8. Espolvoreaselle por riba azúcar glass ou azúcar avainillado ou calquier outro ó gusto.



E por último os deixamos este enlace para ver a última das receitas que podedes facer cos vosos pequenos:

http://www.guiainfantil.com/recetas/postres-y-dulces/halloween/canapes-momias-para-el-halloween-de-los-ninos/
           Felíz Samaín e que esta noite vos sea do máis propicia!!!







Xogando no Samaín

Ola soñadores!! 
Apetecevos poñeros no papel dunha bruxa e esquivar os ataques dos mounstruos? Aqui vos deixamos un xogo no que poderedes voar polo ceo montados nunha escoba e conseguir as máximas pocións posibles. Esperemos que vos guste e vos divirtades moito!! 

FELIZ SAMAIN A TOD@S :)

Halloween pocus | Play with Games68.com
">
Halloween pocus | Play with Games68.com


A noite de Samaín

Bos días soñadores!!... Estades preparados??... xa que hoxe e a noite de Samaín (Halloween nos países anglosaxóns) así que hai que celebralo como corresponde.

O Samaín é unha festividade de orixe Celta que marcaba o remate da tempada das colleitas e era considerada como o " Ano novo Celta".
Tamén e digno de remarcar que hoxe é o dia do Ensino proposto  pola Xunta de Galiza.


Para esta especial ocasión temosvos preparadas moitas cousiñas ....
Imos empezar cuns contos de medo (que non dan medo ningún) e unhas cancións.




















SAMAÍN

Boas e terroríficas tardes soñadores!

Como xa sabedes hoxe e a noite de Samaín! E para celebralo con vos hemos querido cambiar un pouquiño o noso blog... nova plantilla dedicada ao Samaín con arañas, pantasmas e cabazas, novo cursor de morcego e nova música sobre este día tan xenial!!!


Que vos parece??

Ao longo do día iremos poñendo cousiñas relacionadas con este día tan especial!

Un bico de bruxas, fadas e pantasmas!


miércoles, 29 de octubre de 2014

A creatividade na escola

Ola soñadores! 

Hoxe traémosvos un vídeo dunha das conferencias TED que deu o incrible Ken Robinson no 2006. 

Non sabedes quen é? Ken Robinson (http://sirkenrobinson.com/) un educador, escritor e conferenciante británico coñecido mundialmente por ser un experto en asuntos relacionados coa creatividade, a calidade do ensino, a innovación e os recursos humanos.

Este vídeo fainos reflexionar sobre moitas cousas e aínda que é un pouco antigo fainos formularnos unha morea de preguntas.

Xa que nós estamos a realizar un proxecto para introducir as TIC na aula fainos que nos preguntamos se coa introdución das novas tecnoloxías nas clases axudamos a fomentar a creatividade nos nenos ou pola contra estamos a rematar coa pouca que existe. Que opinades? 

Animámosvos a que vexades o vídeo e que leades tamén a entrevista que lle realizou o xornal "La Vanguaridia" hai uns anos:





Esperamos que vos guste tanto como a nós!



lunes, 27 de octubre de 2014

Vai sendo hora de ir para casa!

Pois nada soñadores!

Faise tarde e  o traballo que fixemos xa é dabondo por hoxe! Por iso queremos despedirnos de vos ata outro día con esta canción da nosa infancia :)


Que teñades doces soños! 

Moitos biquiños! 




Xogando e aprendendo cos animáis!








Recoñecedes esta canción? De que fala? Dos animais claro! Ao igual que a nosa actividade coa pizarra dixital!

Aquí deixámosvos o enlace para que poidades botarlle unha ollada:

Para descargala con Google Drive:

https://drive.google.com/file/d/0BzHpFRe-1uoWdnhCMjFhTEFFZkU/view?usp=sharing

Para descargala con Dropbox:

https://www.dropbox.com/s/no19seaee1qx07j/lembraste%20pdi.notebook?dl=0

Esperamos que vos guste tanto coma a nós!

Vamos a xogar... coa pizarra dixital!


 Me pongo de pé, me volvo a sentar... porque aos oficios vamos a xogar! ♪ ♫







Imos soñadores! Que mellor forma de presentarvos a nosa primeira actividade para a pizarra dixital (PDI) que con este vídeo de Teresa Rabal?

Por se non o adiviñastes, a actividade que realizamos para traballar cos nenos é sobre as profesións.

Aquí os deixamos o enlace para que podades vela pero recordade tedes que ter o programa notebook para poder abrila. 

Para descargala con Google Drive:


Para descargala con Dropbox: 


Esperamos que vos guste!

Viñetas relacionadas coas tics

Ola soñadores!! Aqui vos deixamos unhas viñetas relacionadas coas TIC coas que poderedes reflexionar sobre o seu uso, tanto na escola como nos demáis ámbitos.







viernes, 24 de octubre de 2014

Érase unha vez... a nosa primeira actividad con Edilim.

Boas noites soñadores!!!

A que non hai nada mellor para os máis pequenos que ler un conto antes de durmir?


Pois ben, énchenos de orgullo dicir que xa finalizamos a nosa primeira actividade do proxecto co programa Edilim.

Así que esta noite vos deixamos o enlace do noso primeiro conto: Peter Pan voando cara a Nunca Xamais. Pero antes de que o vexades queremos dicirvos algunhas cousiñas:

Como veredes cando abrades o enlace, o conto que fixemos é un pouquiño longo e con moitas actividades así que non vos asustedes porque a continuación vos imos dicir cómo imos traballar este conto na aula (que tamén servirá para traballar dese xeito na casa):

1. Proxectaremos o conto na pizarra dixital e lerémosllo aos nenos páxina por páxina. Por que? Porque o conto vai combinado partes de lectura con partes de actividades co que dese xeito despois de ler cada páxina poderemos sacar os nenos individualmente ou en parellas para ir realizándoas e comprobar que os pequenos están atentos e non perden a atención.

2. Pola extensión deste conto, os nenos non teñen porqué lelo todo seguido. Nesta idade están a aprender a ler polo que outra opción para traballar individualmente con cada neno é a de axudarlles a ler cada día unha páxina e realizar a súa actividade correspondente. Deste xeito, o/a neno/a estará motivado/a para seguir lendo cada día un pouquiño máis. 

Estas son dúas maneiras de traballalo pero hai outras moitas. Non vos queremos facer esperar máis así que aquí esta o enlace:



"Que ironía, vén a polo Capitán Garfio e tragarase un conto" Peter Pan de J.M Barrie 

Que vos parece? Esperamos que vos guste e que nos enviedes as vosas suxestións, opinións etc

Que teñades doces sonos!

Lectura e intelixencia

Moi boas tardes soñadores!

Por fin é venres e xa podemos dicir que... estamos de fin de semana!
Estes días estivemos a traballar e seguimos niso para traervos varios contos populares que fixemos co programa Edilim. E xa que a cousa vai de libros e contos, queremos ensinarvos unha noticia que saíu na prensa estes días pero que leva tempo circulando pola rede.

Trátase dun estudo realizado recentemente no Reino Unido e que está elaborado pola Universidade de Edinburgo e o King's Collegede Londres que fala de que as desigualdades na aprendizaxe da lectura se asociaba ás diferenzas intelectuais que presentan os nenos en etapas máis avanzadas da súa vida.

Aquí deixámosvos dous enlaces de prensa onde falan un pouquiño máis por se queredes seguir investigando sobre este estudo. Nós farémolo!

En "Universia España":

http://noticias.universia.es/en-portada/noticia/2014/07/29/1101367/lectura-precoz-mejora-capacidad-razonamiento.html

El periódico "La Prensa":

http://www.laprensa.hn/inicio/760239-417/los-ni%C3%B1os-y-j%C3%B3venes-que-leen-tienen-un-mejor-futuro


miércoles, 22 de octubre de 2014

Cóntame un conto... pero con Edilim.



Boas tardes soñadores,

Moitos de vós estádenos preguntado polo software Edilim (un programa para a creación de libros/contos) xa que parece ser que estades a ter problemas para saber como funciona, que é o que podemos e non podemos facer con este programa e a moitos estavos a parecer un pouco complicado utilizalo.

Por iso querémosvos deixarvos un vídeo titorial de youtube que a nós nos serviu para comezar a utilizalo sen desesperarnos. Nos xa lle collemos o truco!







Pero iso non é todo. Por se acaso este titorial non vos chega para coñecer un pouquiño o seu funcionamento tamén querémosvos deixar a páxina web deste programa na que podedes encontrar un montón de información adicional e mesmo o descargar.





Nós xa realizamos o noso primeiro libro con este programa e estámolo a revisar para que dentro de poco volo poidamos ensinar.

Animámosvos a que o probedes e que nos ensinedes as vosas propias creacións.

Mentres podedes botarlles unha ollada a estes contos que encontramos pola rede:

Negros e brancos:


Xogando con Elmer:


Carapuchiña vermella:


O Bosque Encantado:


A qué sabe a Lúa?


Los piratas:


lunes, 20 de octubre de 2014

Actividades con JClic!



         JClic           Benvidos soñadores:
                                   Hoxe traemos algunhas actividades realizadas con JClic.

Puzzles de animales
verlo (applet)

Rompecabezas de animales de 4, 6 y 12 piezas dirigidos a alumnos de educación infantil que empiezan a utilizar el ratón del ordenador, y para ser utilizado como rincón lúdico en el ciclo inicial de primaria. Algunos dibujos pierden calidad a 16 colores, por lo que es recomendable trabajar a 256.
ÁreaDiversos
NivelInfantil (3-6)
Fecha09/11/98
ObservacionesContenido textual mínimo
Licencia de usoEsta obra está bajo una
licencia de Creative Commons




Colores


verlo (applet)
Paquete de actividades Clic sobre los colores dirigido a educación infantil y educación especial. En las actividades se introducen los colores mostrando diferentes objetos de la vida cotidiana con los colores que les representan.

ÁreaLenguas
NivelInfantil (3-6)
Fecha20/12/99
Licencia de usoEsta obra está bajo una
licencia de Creative Commons

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=1181


verlo (applet)
Frutas
Actividades dirigidas a alumnos de educación infantil sobre las frutas.
ÁreaCiencias experimentales, Lenguas, Matemáticas
NivelesInfantil (3-6)
Fecha30/05/05
Licencia de usoEsta obra está bajo una
licencia de Creative Commons

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3113

viernes, 17 de octubre de 2014

Voando polo país do... "Recuncho dos Soños"


Bos días soñadores!

Hoxe empeza o fin de semana para vós e unha nova oportunidade para nós de seguir investigando que cousas podemos mellorar do blog.

Unha das novidades da semana é que cambiamos o cursor do blog! O outro era moooooi aburrido e este é taaan riquiño (como podedes ver tratase dunha bolboreta branca) que vaivos axudar a "voar" polo noso pequeno recuncho:)

Queriamos divirvos que sigades atentos ao noso blog porque dentro de nada vos presentaremos o primeiro programa co que imos crear unha estupenda actividade para animar aos peques á lectura a través do uso das novas tecnoloxías.

Adiviñades cal é a historia que imos traballar? Unha pista: o seu autor é J.M Barrie. Seguides sen sabelo? Pois entonces con esta imaxe seguro que se aclaran as vosas ideas e senón...



"Eu creo nas fadas"

... Pensade no título desta entrada e seguro que o adiviñades!

lunes, 13 de octubre de 2014

Reflexión sobre a búsqueda dos recursos web.

Como xa puidestes observar na entrada anterior, estivemos a traballar con diferentes páxinas de recursos educativos. Agora queremos facer unha pequena reflexión acerca do seu contido.

Todas as páxinas e portais web que analizamos parécennos de moita utilidade xa que serve como referente para obter recursos educativos cos que poder traballar cos nenos e nenas na aula. Todas descubrimos diferentes webs moi interesantes e descoñecidas ata agora por nós.

Consideramos que foi unha busca moi enriquecedora tanto persoal como para un futuro cando sexamos docentes. Ademais esperamos que esta análise lles sirva a outros compañeiros da aula para descubrir novas actividades, xogos, etc.

Esperamos seguir facendo actividades tan productivas coma esta!

Analizando os recursos da rede.

Ola soñadores!

Qué tal o inicio de semana? Nós coas pilas ben cargadas :)

Hoxe traémosvos unha pequena análise de páxinas e portais web na que estivemos a traballar estes días.

Animámosvos a que lle botedes unha ollada e a que nos vaiades dicindo que vos parece.





Para velo con Google drive:

https://drive.google.com/file/d/0BzHpFRe-1uoWLUdRRTFfZ0p3YmdLZGE5bEJweGR3aTFEdHVF/view?usp=sharing


Para velo con Dropbox:

https://www.dropbox.com/s/2o38x476t2kcdb1/Recursos%20web%20de%20O%20recucnho%20dos%20so%C3%B1os.doc?dl=0





sábado, 11 de octubre de 2014

Música para non deixar de soñar!

Boas noites soñadores =)

Esperamos que esteades a pasar un bo fin de semana! Nós, como podedes ver, seguimos traballando para traervos cousiñas novas.

Hoxe queremos presentarvos unha nova incorporación ao blog, trátase de... MÚSICA! Si, como o estades a ler... e escoitando! Que vos parece?

"O libro máxico" de Migallas
Aínda que de momento só puxemos unha canción ("O libro máxico" de Migallas), pouco a pouco entre nós iremos engadindo moitas máis a lista de reprodución para que teñades máis variedade e non vos aburrades. Algunha suxerencia?

Imaxes sacadas da web de Migallas:
"www.migallas.com"






Esperamos que vos guste e que coma sempre, gocedes do que queda de fin de semana.

Un biquiño!

lunes, 6 de octubre de 2014

O noso proxecto! (Actualizado)

Ola de novo soñadores!

Chegou o momento que todos estabamos esperando: o informe do noso proxecto acaba de saír do forno. Por se non o sabedes o noso proxecto trata sobre a introducción da pizarra dixital (PDI) na aula. Como veredes, non nos centramos nun tema específico senón que tratamos diversas temáticas, xa que o obxectivo principal é achegar aos nenos ao uso e coñecemento das novas tecnoloxías. 

Esperamos que sexa do voso agrado e que nos comentedes se os parecen interesantes as actividades plantexadas!

Para velo con Google drive:


https://drive.google.com/file/d/0BzHpFRe-1uoWS1R5VGpxc0NqQlE/view?usp=sharing

Para velo con Dropbox:

https://www.dropbox.com/s/kloemvli1c844va/Proxecto%20grupo%205%20do%20B1%5B1%5D.doc?dl=0





 
Cute White Flying Butterfly