Boas tardiñas!!
Hoxe na clase acábanos de dar un disgusto xa que temos que valorar os nosos compañeiros e non somos quen.... pero como hai que facelo imos aló.
O blog de Correteando parecenos sinxelo, ben estructurado e moi lexible. A plantilla é básica, se demasiados debuxos que fagan que sexa recargada e que distraia aos nenos. Tamén vai acorde co título do blog.
Ademais disto, o cursor o ser grande facilita o manexo do blog aos nenos e nenas sobre todo a aqueles con problemas de visión.
Seguimos con o blog Carioca. O nome parécenos moi sinxelo e orixinal polo que é moi fácil para os nenos. Ademáis a plantilla vai moi acorde co nome xa que se trata de lapices de cores ao igual que a marca tan famosa de ceras de cores. Tamén o seu cursor con forma de huella e a cariña dun can fará que os nenos estén motivados y que no olviden que co seu proxecto traballan os animáis.
Continuamos valorando os blogs con Cativadas 2014. O seu diseño parecenos moi pintoresco e o nome é orixinal e divertido. A plantilla ao ser tan sinxela non provoca sobreestimulación nos nenos.
E por último e por iso non menos importante, tocóulle o turno ao blog de Un Mundo Máxico. Este blog ten un nome precioso o igual que a súa plantilla, fanche sentir a "maxia" que transimte.
Os colores son moi vivos polo que resultan moi atractivos para os pequenos
Aínda así invitámosvos a todos a que lle votedes un vistazo e comprovedes vos mesmos o gran traballo feito por todos ós nosos compañeiros.
0 comentarios:
Publicar un comentario