sábado, 1 de noviembre de 2014

E con un disfrace e un biscoito... ata mañá ás oito!


Boas tardes soñadores!

Xa queda menos para que remate o día de defuntos e polo tanto a nosa homenaxe ao Samaín. Que tal o estades a pasar?

Durante estes dous días realizamos seis entradas (sen contar a de presentación) dándovos seis opcións diferentes sobre que cousas podedes facer en Samaín. Empezamos cuns vídeos e cancións, logo cun xogo, receitas de cociña, páxinas web con materiais didácticos, contos e películas. Pero como todo o mundo sabe, nestas ocasións sempre hai un número máxico: o 7. Por iso queremos despedirestes días tan cheos de maxia cunha última entrada sobretatatachan.... disfraces caseiros reciclados para nenos!

O primeiro de eles é un disfraz de pantasma feito con unha sábana vella de cor branco e anaquiños de tela de cor negro:






O segundo é un disfraz de morcego feito con unha bolsa negra de basura, as ás e as orellas están feitas con cartón forrado de tela negra:





O terceiro é un disfraz de cabaza feito con bolsas de basura de cor laranxa e carrtulina negra para facerlle os ollos e a boca:





E o último é un disfraz de bruxa feito con bolsas de basura negras e con anacos pequeños de cartulina de colores pequenos. O gorro está feito con cartulina de cores, forrada cun anaco de bolsa de basura negra e decorada con gomets:






E por fin rematamos a nosa homenaxe ao Samaín. Gozade das poucas horas que quedan no noso blog porque a partir de mañá volveremos ter o noso antigo fondo, cursor e música! Iso se, farémosvos un breve resumo ensinándovos como tivemos o blog durante estes dous días e contarémosvos que imos facer coa música que vos puxemos para acompañarvos neste día tan terrorífico!


Así que nada soñadores, con isto e un biscoito... ata mañá ás oito! 

Bicos de bruxas, fadas e fantasmas!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Cute White Flying Butterfly