domingo, 30 de noviembre de 2014

Para facer cos meniños!

Boas e frías tarde soñadores!

Como vedes, xa queda menos para que chegue o inverno e con el... o NADAL! E dende "O recuncho dos soños" queremos propoñervos unha manualidade moi sinxela para vosos peques da partir de 2 anos que realizamos o venres nun taller sobre como decorar a aula en Nadal.

Trátase dun reno para decorar a árbore de nadal ou para colocar onde vós queirades... simplemente hai que botarlle imaxinación.  


Os materiais que necesitardes son:


1) Tres paus de xeado.
2) Un pompón vermello.
3) Dous ollos móbiles.
4) Espumillón dourado.
5) Fita de dobre cara.

Os pasos a seguir son:


1) Pegamos dous dos paus facendo unha "uve" con fita de dobre cara e seguidamente pegámoslle enriba o pompón tamén con esa fita.
2) Despois colocamos o terceiro pau de forma horizontal.
3) A continuación, debaixo do terceiro pau, pegamos debaixo os ollos móbiles.
4) Enrolamos no pau horizontal o espumillón.

A que é moi sinxelo?? 

Ademais de todo isto... para celebrar que xa se achega o inverno puxemos no blog neve caendo... gústavos?

A nós... moito!!! :)

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Cute White Flying Butterfly