Volvemos á normalidade no blog. Estes dous días os hemos dedicado exclusivamente ao Samaín (podedes encontrar todo o que fixemos na etiqueta "Samaín") e por se acaso perdéstesvos a nosa decoración do blog aquí deixámosvos unha foto para mostrarvos como o tivemos durante case todo o fin de semana.
Ademais tamén puxemos unhas cancións que falan da noite de bruxas. Así que por se queredes volver escoitalas, as puxemos no noso reprodutor xunto con outras cancións que utilizamos para o primeiro conto con Edilim e a presentación das actividades no blog con PDI. Tamén engadimos tres cancións extra que vos van dar unha pista sobre o noso último conto con Edilim que subiremos mañá aquí.
A que esperades para escoitalas?
Moitos bicos soñadores! Gozade do que queda o fin de semana se é que a chuvia e a tormenta volo permiten!
0 comentarios:
Publicar un comentario