lunes, 3 de noviembre de 2014

Pinocho un conto con valores


Detrás de todo o conto ou narrativa intentase deixar unha mensaxe, unha reflexión ou unha idea. Quizais o caso máis emblemático sexa o do conto infantil Pinocho, a historia do boneco de madeira que quería ser neno e que no seu camiño a logralo debía aprender a obedecer, ser responsable, actuar con sinceridade, compromiso e amor.

A viaxe do boneco de madeira ata converterse en neno móstranos unha transformación interna que se dá a través das experiencias que vai vivindo ao longo da súa vida. Dende o momento en que a fada lle dá vida ata a súa transformación definitiva en neno ao descubrir o valor da amizade, a verdade e o respecto




Cando Pinocho decide deixar de ir á escola para ir a xogar e divertirse cos outros nenos se empeza a plantexar a desobedencia. Pepiño o Grilo actúa como unha figura que intenta correxir esas accions pero ó final o boneco vivinte ten que aprender polas malas a facerse responsable dos seus actos.
Incluso ó regresar a casa despois de traballar para ó titiriteiro durante varios días Pinocho debe enfrentarse as malas noticias. Gepetto preocupado polo seu fillo saliu a buscalo e terminou atrapado no estómago dunha balea xigante.
O neno non o sabe aún, por iso cando saen  camiño cara a praia na busca do seu pai toma un desvío cara o País dos Xoguetes. Os outros nenos actúan aquí como unha mala influenza, Pinocho quere divertirse e pasarlo ben. A medida que pasaba máis tempo no País dos Xoguetes Pinocho transformávase nun burro, pero á fada  compadeceuse del e devolveulle a  sua forma human.

A ameaza de que o nariz de Pinocho creza cada vez que mente é un ensino para que os máis pequenos digan a verdade en todo momento, e a historia remata con Gepetto e Pinocho salvándose da balea. Nesa aventura encérranse os valores de obediencia, amor e respecto pola familia e a verdade. Os nenos pequenos hoxe poden aprender deste relato clásico e deixarse levar polo marabilloso relato do boneco de madeira que quería ser neno.

Pinocho é un conto cunha análise educativa enriquecedora xa que está centrado nos valores de obediencia, responsabilidade, sinceridade, compromiso e amor.
É unha obra que mobiliza os nenos porque o personaxe principal ten actitudes que debe modificar para ter acepatación e unha mellor convivencia. Actitudes que foron planificadas no proxecto: "Actuando con valoress"
En conclusión, resumindo este conto déixanos as seguintes ensinanzas e valores:

NON MENTIR
RESPECTAR OS OUTROS
SER RESPONSABLES
QUERER OS PAIS
TER BOS SENTIMENTOS
FACER CASO AOS PAPÁS E MESTRES
NON HAI QUE FALAR CON DESCOÑECIDOS
NON CRER NO QUE CHE DIN NA RÚA

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Cute White Flying Butterfly