Hoxe 20 de novembro é o "Día Internacional dos Dereitos da Infancia".
Estas últimas semanas na facultade das Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra hemos estado preparando un cubo xigante con debuxos de todos os alumnos e alumnas dos graos de Educación Infantil e Primaria así como unha serie actividades para os nenos da Galiña Azul anexa este centro.

E hoxe por fin durante todo a mañá, se realizaron unha serie de actos para celebrar este día tan cheo de desexos en favor dos pequenos. A 10:00 empezaron a chegar os meniños de 1 e 2 anos para disfrutar das actividades realizadas polas nosas compañeiras de 2º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria.
Divididos en grupiños foron pasando polas diferentes actividades e aunque houbo algunha que outra bagoa o pasaron XENIAL!
Primeiro mentres algúns peques disfrutaban dunha sesión de globoflexia...
... outros divertíanse coa representación teatral do "Polo Pepe".
Pero sabedes o mellor? Que estes pequerrechos aportaron o seu granito de area facendo os seus propios debuxos para completar este marabilloso cubo!
Ademáis de todas estas actividades tamén representouse o conto de Carapuchiña Vermella e creouse un libro para deixar os nosos desexos polos dereitos dos nenos e nenas.
Que vos parece?? =)
0 comentarios:
Publicar un comentario