domingo, 30 de noviembre de 2014

Para facer cos meniños!

Boas e frías tarde soñadores!

Como vedes, xa queda menos para que chegue o inverno e con el... o NADAL! E dende "O recuncho dos soños" queremos propoñervos unha manualidade moi sinxela para vosos peques da partir de 2 anos que realizamos o venres nun taller sobre como decorar a aula en Nadal.

Trátase dun reno para decorar a árbore de nadal ou para colocar onde vós queirades... simplemente hai que botarlle imaxinación.  


Os materiais que necesitardes son:


1) Tres paus de xeado.
2) Un pompón vermello.
3) Dous ollos móbiles.
4) Espumillón dourado.
5) Fita de dobre cara.

Os pasos a seguir son:


1) Pegamos dous dos paus facendo unha "uve" con fita de dobre cara e seguidamente pegámoslle enriba o pompón tamén con esa fita.
2) Despois colocamos o terceiro pau de forma horizontal.
3) A continuación, debaixo do terceiro pau, pegamos debaixo os ollos móbiles.
4) Enrolamos no pau horizontal o espumillón.

A que é moi sinxelo?? 

Ademais de todo isto... para celebrar que xa se achega o inverno puxemos no blog neve caendo... gústavos?

A nós... moito!!! :)

lunes, 24 de noviembre de 2014

A nosa experiencia nesta materia

Quen nos diria que ibamos a chegar ata aqui!!! Xa estamos na reta fínal.
O principio costounos moito arrancar, non sabíamos nin que facer nin como avanzar, estabamos moi perdidas pero pouco a pouco fomos encontrando o noso camiño e escalón a escalón superamonos ata chegar á meta. Non foi fácil xa que o estrés e a tensión constante formaron parte de nós durante moito tempo. Un reflexo desta aventura é a viñeta que mostramos a continuación. Con isto queremos trasmitirlle a todos que nada é imposible pero sobre todo hai que intentalo.






E non vos esquezades: sexa o que sexa que podes ou soñes que podes, COMEZAO!!!!!!

A nosa webquest!!

Boas noites Soñadorees!!
Xa está lista a nosa webquest! queredes saber de que vai?
Para iso primeiro tendes que encontrarnos neste blog.
Unha pista: Un cubo xigante cheo de dibuxos aparece con nós.
Ánimo!! en canto nos encontredes pinchade na foto e poderedes disfrutar coa webquest.

Un saúdo











Suma e descubre!

Ola soñadores!

Hoxe subímosvos a nosa última actividade do proxecto. Ao principio estaba diseñada para ser utilizada co programa Ardora pero tras uns pequenos problemas técnicos tivemos que cambiala e facela coa PDI.



Aquí vos deixamos o enlace:


Disfrutadea! 

jueves, 20 de noviembre de 2014

Un debuxo, un dereito!

Pois ben soñadores as integrantes do Recuncho dos Soños e algúns dos nosos e das nosas compañeiros e compañeiras doutros blogs tamén hemos querido aportar o noso debuxo con fin de completar este enorme cubo. 

Queredes velos?? Pois aqui os deixamos  os de tres de nos :)











Este é o debuxo de ... SARA!






















Este é o debuxo de ARI!













Este é o debuxo de CRIS.











De esquerda a dereita: NEREA, XEILA Y AINARA  Del blog:  http://voandoentrecorcheas.blogspot.com.es/













PABLO
Del blog: http://correteandoinfantil.blogspot.com.es/
TATIANA
Del blog: http://mergullatenoveran.blogspot.com.es/


Dende o Recuncho dos Soños animámosvos a que fagades os vosos debuxos, pensedes en aqueles nenos e nenas que lles han privado dos seus dereitos e que SOÑEDES! Que soñedes cun mundo mellor, onde todos os meniños teñan unha familia, poidan xogar, asistir a escola, ser escoitados, non ser discriminados nin marxinados, que todos teñan atención médica... en resume, QUE OS MENIÑOS SEXAN FELICES, QUERIDOS E PROTEXIDOS.

Porque se PODEDES SOÑALO... PODEDES FACELO! 

De esquerda a dereita... SARA, CRIS, ARI E JENNY

"O RECUNCHO DOS SOÑOS"

Unha viaxe pola infancia ✈

Ola soñadores!!
Hoxe 20 de novembro é o "Día Internacional dos Dereitos da Infancia".


Estas últimas semanas na facultade das Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra hemos estado preparando un cubo xigante con debuxos de todos os alumnos e alumnas dos graos de Educación Infantil e Primaria así como unha serie actividades para os nenos da Galiña Azul anexa este centro.








































E hoxe por fin durante todo a mañá, se realizaron unha serie de actos para celebrar este día tan cheo de desexos en favor dos pequenos. A 10:00 empezaron a chegar os meniños de 1 e 2 anos para disfrutar das actividades realizadas polas nosas compañeiras de 2º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria.




Divididos en grupiños foron pasando polas diferentes actividades e aunque houbo algunha que outra bagoa o pasaron XENIAL!

Primeiro mentres algúns peques disfrutaban dunha sesión de globoflexia...



... outros divertíanse coa representación teatral do "Polo Pepe".



Pero sabedes o mellor? Que estes pequerrechos aportaron o seu granito de area facendo os seus propios debuxos para completar este marabilloso cubo!




Ademáis de todas estas actividades tamén representouse o conto de Carapuchiña Vermella e creouse un libro para deixar os nosos desexos polos dereitos dos nenos e nenas.

Que vos parece?? =)

martes, 18 de noviembre de 2014

Os nenos teñen dereitos... venide a coñecelos!


Ola soñadores!

Dentro de dous días celébrase o Día Universal dos Dereitos da Infancia.

Na Facultade das Ciencias da Educación e do Deporte dePontevedra organizáronse unha serie de actos para levar a cabo neste día tan especial. Durante unha serie de días expoñeranse por toda a facultade diferentes creacións de alumnos en defensa destes dereitos. Ademais o xoves día 20 virán os peques da Escola Infantil anexa ao noso centro e poderán gozar dunha serie de actividades que realizarán nosas e os nosos compañeiros de distintos anos do Grao de Educación Infantil.


Nós quixemos achegar o noso granito de area e realizamos uns debuxos para mostrar a nosa concienciación cos dereitos dos menores.


Ao longo do xoves iremos subindo os debuxos que fixemos así como aqueles que realizaron outros compañeiros. Tamén vos ensinaremos as fotos de todo o que se está a levar a cabo na facultade e os faremos un resumo de clase son os dereitos máis importantes dos meniños.







Esperamos que vos guste todo o que os temos preparado! Un bico enorme soñadores!

Que durmades ben :)

lunes, 17 de noviembre de 2014

Peppa Pig e... os ordeadores!

Ola soñadores!!

Esta semana tivémosvos moi abandonados, pero non vos preocupedes que xa estamos de volta. Hoxe traémosvos un episodio dun dos vosos debuxos animados preferidos... Peppa Pig!!! Pero non é un capítulo calquera senón que está relacionado co noso proxecto... queredes velo??

Pois aquí volo deixamos:)






lunes, 10 de noviembre de 2014

Poster do noso proxecto!

Boas tardes soñadores!

Que tal o inicio de semana? Hoxe os traemos por fin o poster do noso proxecto. Esperamos que vos guste :)

sábado, 8 de noviembre de 2014

Adiviña canto te quero! ♥

Boas e chuviosas tardes soñadores!

Hoxe traemosvos unha cousiña moi especial. Tratase dun conto precioso que sirve para traballar na aula o afecto e o cariño hacia as familias e, por suposto, para axudar a todos aqueles páis e náis que lles costa demostrar aos seus fillos o moito que os queren.

O conto en cuestión chamase "Adiviña cuánto te quiero" da editorial Kokinos. O podedes encontrar en diversos formatos: dende o conto tradicinal de tapa dura, pasando polo uso das teas ata en versión pop-up (despregable). Por suposto o podedes encontrar tanto en Castelán, como en Inglés e incluso Galego! :)

Nos os recomendamos a versión libro-cd xa que é un recurso moi bo para achegarlle aos nenos as novas tecnoloxías. Non só poderán tocalo en papel, senon que con esta versión tamén podrán ver as imaxes do conto en movemento e escoitar o audio.

Aquí vos deixamos o vídeo! 



Esperamos que vos guste e ... que adiviñedes canto vos queremos soñadores!!!  


lunes, 3 de noviembre de 2014

Pinocho un conto con valores


Detrás de todo o conto ou narrativa intentase deixar unha mensaxe, unha reflexión ou unha idea. Quizais o caso máis emblemático sexa o do conto infantil Pinocho, a historia do boneco de madeira que quería ser neno e que no seu camiño a logralo debía aprender a obedecer, ser responsable, actuar con sinceridade, compromiso e amor.

A viaxe do boneco de madeira ata converterse en neno móstranos unha transformación interna que se dá a través das experiencias que vai vivindo ao longo da súa vida. Dende o momento en que a fada lle dá vida ata a súa transformación definitiva en neno ao descubrir o valor da amizade, a verdade e o respecto




Cando Pinocho decide deixar de ir á escola para ir a xogar e divertirse cos outros nenos se empeza a plantexar a desobedencia. Pepiño o Grilo actúa como unha figura que intenta correxir esas accions pero ó final o boneco vivinte ten que aprender polas malas a facerse responsable dos seus actos.
Incluso ó regresar a casa despois de traballar para ó titiriteiro durante varios días Pinocho debe enfrentarse as malas noticias. Gepetto preocupado polo seu fillo saliu a buscalo e terminou atrapado no estómago dunha balea xigante.
O neno non o sabe aún, por iso cando saen  camiño cara a praia na busca do seu pai toma un desvío cara o País dos Xoguetes. Os outros nenos actúan aquí como unha mala influenza, Pinocho quere divertirse e pasarlo ben. A medida que pasaba máis tempo no País dos Xoguetes Pinocho transformávase nun burro, pero á fada  compadeceuse del e devolveulle a  sua forma human.

A ameaza de que o nariz de Pinocho creza cada vez que mente é un ensino para que os máis pequenos digan a verdade en todo momento, e a historia remata con Gepetto e Pinocho salvándose da balea. Nesa aventura encérranse os valores de obediencia, amor e respecto pola familia e a verdade. Os nenos pequenos hoxe poden aprender deste relato clásico e deixarse levar polo marabilloso relato do boneco de madeira que quería ser neno.

Pinocho é un conto cunha análise educativa enriquecedora xa que está centrado nos valores de obediencia, responsabilidade, sinceridade, compromiso e amor.
É unha obra que mobiliza os nenos porque o personaxe principal ten actitudes que debe modificar para ter acepatación e unha mellor convivencia. Actitudes que foron planificadas no proxecto: "Actuando con valoress"
En conclusión, resumindo este conto déixanos as seguintes ensinanzas e valores:

NON MENTIR
RESPECTAR OS OUTROS
SER RESPONSABLES
QUERER OS PAIS
TER BOS SENTIMENTOS
FACER CASO AOS PAPÁS E MESTRES
NON HAI QUE FALAR CON DESCOÑECIDOS
NON CRER NO QUE CHE DIN NA RÚA

A quen lle crece o nariz...???

Moi ben... acertáchedes é a Pinocho.  Aquí vos deixámos a nosa segunda creación con edilim coas súas actividades correspondentes. Nel mergullaredesvos na fántastica e moralizadora historia de Pinocho xa que é moito máis que un simple conto. Esperamos que vos guste moito, que aprendades moito con él e sobre todo que vos divirtades!!


Valoracións dos demáis blogs

Boas tardiñas!!

Hoxe na clase acábanos de dar un disgusto xa que temos que valorar os nosos compañeiros e non somos quen.... pero como hai que facelo imos aló.

O blog de Correteando parecenos sinxelo, ben estructurado e moi lexible. A plantilla é básica, se demasiados debuxos que fagan que sexa recargada e que distraia aos nenos. Tamén vai acorde co título do blog.
Ademais disto, o cursor  o ser grande facilita o manexo do blog aos nenos e nenas sobre todo a aqueles con problemas de visión.





Seguimos con o blog Carioca. O nome parécenos moi sinxelo e orixinal polo que é moi fácil para os nenos. Ademáis a plantilla vai moi acorde co nome xa que se trata de lapices de cores ao igual que a marca tan famosa de ceras de cores. Tamén o seu cursor con forma de huella e a cariña dun can fará que os nenos estén motivados y que no olviden que co seu proxecto traballan os animáis.




Continuamos valorando os blogs con Cativadas 2014. O seu diseño parecenos moi pintoresco e o nome é orixinal e divertido. A plantilla ao ser tan sinxela non provoca sobreestimulación nos nenos.




E por último e por iso non menos importante, tocóulle o turno ao blog de Un Mundo Máxico. Este blog ten un nome precioso o igual que a súa plantilla, fanche sentir a "maxia" que transimte. 
Os colores son moi vivos polo que resultan moi atractivos para os pequenos



Aínda así invitámosvos a todos a que lle votedes un vistazo e comprovedes vos mesmos o gran traballo feito por todos ós nosos compañeiros.



domingo, 2 de noviembre de 2014

✎ De volta á normalidade!

Bos días soñadores!!

Volvemos á normalidade no blog. Estes dous días os hemos dedicado exclusivamente ao Samaín (podedes encontrar todo o que fixemos na etiqueta "Samaín") e por se acaso perdéstesvos a nosa decoración do blog aquí deixámosvos unha foto para mostrarvos como o tivemos durante case todo o fin de semana.








Ademais tamén puxemos unhas cancións que falan da noite de bruxas. Así que por se queredes volver escoitalas, as puxemos no noso reprodutor xunto con outras cancións que utilizamos para o primeiro conto con Edilim e a presentación das actividades no blog con PDI. Tamén engadimos tres cancións extra que vos van dar unha pista sobre o noso último conto con Edilim que subiremos mañá aquí.

A que esperades para escoitalas?

Moitos bicos soñadores! Gozade do que queda o fin de semana se é que a chuvia e a tormenta volo permiten! 

sábado, 1 de noviembre de 2014

E con un disfrace e un biscoito... ata mañá ás oito!


Boas tardes soñadores!

Xa queda menos para que remate o día de defuntos e polo tanto a nosa homenaxe ao Samaín. Que tal o estades a pasar?

Durante estes dous días realizamos seis entradas (sen contar a de presentación) dándovos seis opcións diferentes sobre que cousas podedes facer en Samaín. Empezamos cuns vídeos e cancións, logo cun xogo, receitas de cociña, páxinas web con materiais didácticos, contos e películas. Pero como todo o mundo sabe, nestas ocasións sempre hai un número máxico: o 7. Por iso queremos despedirestes días tan cheos de maxia cunha última entrada sobretatatachan.... disfraces caseiros reciclados para nenos!

O primeiro de eles é un disfraz de pantasma feito con unha sábana vella de cor branco e anaquiños de tela de cor negro:






O segundo é un disfraz de morcego feito con unha bolsa negra de basura, as ás e as orellas están feitas con cartón forrado de tela negra:





O terceiro é un disfraz de cabaza feito con bolsas de basura de cor laranxa e carrtulina negra para facerlle os ollos e a boca:





E o último é un disfraz de bruxa feito con bolsas de basura negras e con anacos pequeños de cartulina de colores pequenos. O gorro está feito con cartulina de cores, forrada cun anaco de bolsa de basura negra e decorada con gomets:






E por fin rematamos a nosa homenaxe ao Samaín. Gozade das poucas horas que quedan no noso blog porque a partir de mañá volveremos ter o noso antigo fondo, cursor e música! Iso se, farémosvos un breve resumo ensinándovos como tivemos o blog durante estes dous días e contarémosvos que imos facer coa música que vos puxemos para acompañarvos neste día tan terrorífico!


Así que nada soñadores, con isto e un biscoito... ata mañá ás oito! 

Bicos de bruxas, fadas e fantasmas!

Un susto de película!

Ola soñadores

Que tal a noite de bruxas? Seguro que vos deron moitos doces! 


Como onte puidestes ver trouxémosvos receitas, contos, xogos, vídeos e cancións pero... non credes que nos faltaba algo?? Pois nós si! 

Hoxe ímosvos ensinar unha serie de películas que podedes traballar na aula cos vosos nenos. Están dirixidas a un público infantil entre os 5 e os 12 anos e é un xeito de que os nenos perdan un pouquiño o medo que algúns lle teñen a este día ademais de ensinarlles valores como a amizade e o amor. Pero tamén é un bo e divertido xeito de introducir as TIC na aula. 

Pois imos alá!

1. "Winnie the pooh y el pequeño elefante celebran Halloween".

O mellor amigo de Rito, Lumpy, está moi nervioso porque vai xogar por primeira vez ao xogo de Truco ou Trato pero entón chega Tiggerpara advertilos de que teñan coidado co Gobloon, un misterioso ser que pode convertelos nunha lámpada cabaceira se os captura.






2. "Donde viven los monstruos".



É unha adaptación cinematográfica do conto de Maurice Sendak. Conta a historia dun neno chamado Max que se somerxe nun mundo imaxinario cheo de monstros. Alí é nomeado rei e todos o obedecen.

https://www.youtube.com/watch?v=SzMtTr84n-8






3. "Los mundos de Coraline".



Coraline é unha nena que se encontra aburrida e triste no seu novo fogar, con uns raros veciños nos pisos de enrriba e abaixo. Un día encontra unha porta secreta na súa nova casa e descubre unha segunda versión da súa propia vida. A realidade paralela é curiosamente parecida á súa vida de verdade, aínda que moito mellor. Pero cando a súa incrible e marabillosa aventura empeza a tomar un cariz perigoso e a súa outra nai intenta mantela ao seu lado para sempre, e Coraline deberá recorrer á súa determinación e coraxe, á axuda dos veciños e a un gato negro co don do fala para salvar os seus auténticos pais, a uns nenos fantasmas e regresar á casa.

https://www.youtube.com/watch?v=ttTeM08nBrs





4. "El alucinante mundo de Norman".



Un pobo se ve asediado por un grupo de Zombies. A quen poden recorrer os habitantes? Tan só ao incomprendido Norman, un mozo do pobo que sabe falar cos mortos. Ademais de zombis, deberá enfrontarse a bruxas e, peor aínda, a uns adultos atrasados, se quere salvar o seu pobo dunha maldición lanzada hai séculos. Pero este mozo "susurrador" de fantasmas verá as súas actividades paranormais empurradas cara a límites doutro mundo.

https://www.youtube.com/watch?v=xO1OkBejIYQ 





5. "Hotel Transylvania".



Despois da morte da súa esposa Marta, Drácula crea o Hotel Transilvania, un hotel onde el, a súa filla Mavis e todos os monstros poden estar a salvo.
O problema xorde cando Mavis, a filla de Drácula, se namora deJonathan, un mozo que visita o hotel. Que pasará?


https://www.youtube.com/watch?v=mZ7wb2SmDMI








6. "Frankenweenie"

Tras a inesperada desaparición do seu amado can Sparky, o pequeno Víctor válese do poder da ciencia para traer o seu mellor amigo de regreso á vida.Víctor intenta esconder o seu invento, pero non o consegue. Os seus profesores e compañeiros de colexio descóbreno e tamén desexan facer experimentos de crear unha nova vida.


https://www.youtube.com/watch?v=MVx3eRPWHR0






7. "Pesadilla antes de Navidad".

En Halloween Town vive Jack Skellington un dos habitantes máis queridos por todo o mundo. A pesar diso Jack sofre de depresión, xa que se encontra canso de celebrar ano tras ano a festa deHalloween. No medio da súa desdita, sae a camiñar sen rumbo por un cemiterio xunto ao seu can fantasma, Zero. Máis tarde descobre un círculo de árbores que nunca antes vira. Cada árbore ten unha porta representativa á festividade á que pertence a cidade á que conduce. Jack séntese inmediatamente atraído polo que ten a forma dunha árbore chea de adornos. Cando Jack abre a porta da Árbore do Nadal, é transportado a un pobo cheo de neve, luces e felicidade. Jack queda atordado con todas as cores e alegría que enchen o ambiente, e cae na conta de que é o que estaba a buscar.

https://www.youtube.com/watch?v=8_t8p5W7TxM








Esperamos que vos guste esa selección de pelis que fixemos para vós soñadores!



Bicos de bruxas, fadas e fantasmas!
 
Cute White Flying Butterfly