jueves, 20 de noviembre de 2014

Unha viaxe pola infancia ✈

Ola soñadores!!
Hoxe 20 de novembro é o "Día Internacional dos Dereitos da Infancia".


Estas últimas semanas na facultade das Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra hemos estado preparando un cubo xigante con debuxos de todos os alumnos e alumnas dos graos de Educación Infantil e Primaria así como unha serie actividades para os nenos da Galiña Azul anexa este centro.








































E hoxe por fin durante todo a mañá, se realizaron unha serie de actos para celebrar este día tan cheo de desexos en favor dos pequenos. A 10:00 empezaron a chegar os meniños de 1 e 2 anos para disfrutar das actividades realizadas polas nosas compañeiras de 2º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria.




Divididos en grupiños foron pasando polas diferentes actividades e aunque houbo algunha que outra bagoa o pasaron XENIAL!

Primeiro mentres algúns peques disfrutaban dunha sesión de globoflexia...



... outros divertíanse coa representación teatral do "Polo Pepe".



Pero sabedes o mellor? Que estes pequerrechos aportaron o seu granito de area facendo os seus propios debuxos para completar este marabilloso cubo!




Ademáis de todas estas actividades tamén representouse o conto de Carapuchiña Vermella e creouse un libro para deixar os nosos desexos polos dereitos dos nenos e nenas.

Que vos parece?? =)

martes, 18 de noviembre de 2014

Os nenos teñen dereitos... venide a coñecelos!


Ola soñadores!

Dentro de dous días celébrase o Día Universal dos Dereitos da Infancia.

Na Facultade das Ciencias da Educación e do Deporte dePontevedra organizáronse unha serie de actos para levar a cabo neste día tan especial. Durante unha serie de días expoñeranse por toda a facultade diferentes creacións de alumnos en defensa destes dereitos. Ademais o xoves día 20 virán os peques da Escola Infantil anexa ao noso centro e poderán gozar dunha serie de actividades que realizarán nosas e os nosos compañeiros de distintos anos do Grao de Educación Infantil.


Nós quixemos achegar o noso granito de area e realizamos uns debuxos para mostrar a nosa concienciación cos dereitos dos menores.


Ao longo do xoves iremos subindo os debuxos que fixemos así como aqueles que realizaron outros compañeiros. Tamén vos ensinaremos as fotos de todo o que se está a levar a cabo na facultade e os faremos un resumo de clase son os dereitos máis importantes dos meniños.







Esperamos que vos guste todo o que os temos preparado! Un bico enorme soñadores!

Que durmades ben :)

lunes, 17 de noviembre de 2014

Peppa Pig e... os ordeadores!

Ola soñadores!!

Esta semana tivémosvos moi abandonados, pero non vos preocupedes que xa estamos de volta. Hoxe traémosvos un episodio dun dos vosos debuxos animados preferidos... Peppa Pig!!! Pero non é un capítulo calquera senón que está relacionado co noso proxecto... queredes velo??

Pois aquí volo deixamos:)






lunes, 10 de noviembre de 2014

Poster do noso proxecto!

Boas tardes soñadores!

Que tal o inicio de semana? Hoxe os traemos por fin o poster do noso proxecto. Esperamos que vos guste :)

sábado, 8 de noviembre de 2014

Adiviña canto te quero! ♥

Boas e chuviosas tardes soñadores!

Hoxe traemosvos unha cousiña moi especial. Tratase dun conto precioso que sirve para traballar na aula o afecto e o cariño hacia as familias e, por suposto, para axudar a todos aqueles páis e náis que lles costa demostrar aos seus fillos o moito que os queren.

O conto en cuestión chamase "Adiviña cuánto te quiero" da editorial Kokinos. O podedes encontrar en diversos formatos: dende o conto tradicinal de tapa dura, pasando polo uso das teas ata en versión pop-up (despregable). Por suposto o podedes encontrar tanto en Castelán, como en Inglés e incluso Galego! :)

Nos os recomendamos a versión libro-cd xa que é un recurso moi bo para achegarlle aos nenos as novas tecnoloxías. Non só poderán tocalo en papel, senon que con esta versión tamén podrán ver as imaxes do conto en movemento e escoitar o audio.

Aquí vos deixamos o vídeo! 



Esperamos que vos guste e ... que adiviñedes canto vos queremos soñadores!!!  


lunes, 3 de noviembre de 2014

Pinocho un conto con valores


Detrás de todo o conto ou narrativa intentase deixar unha mensaxe, unha reflexión ou unha idea. Quizais o caso máis emblemático sexa o do conto infantil Pinocho, a historia do boneco de madeira que quería ser neno e que no seu camiño a logralo debía aprender a obedecer, ser responsable, actuar con sinceridade, compromiso e amor.

A viaxe do boneco de madeira ata converterse en neno móstranos unha transformación interna que se dá a través das experiencias que vai vivindo ao longo da súa vida. Dende o momento en que a fada lle dá vida ata a súa transformación definitiva en neno ao descubrir o valor da amizade, a verdade e o respecto




Cando Pinocho decide deixar de ir á escola para ir a xogar e divertirse cos outros nenos se empeza a plantexar a desobedencia. Pepiño o Grilo actúa como unha figura que intenta correxir esas accions pero ó final o boneco vivinte ten que aprender polas malas a facerse responsable dos seus actos.
Incluso ó regresar a casa despois de traballar para ó titiriteiro durante varios días Pinocho debe enfrentarse as malas noticias. Gepetto preocupado polo seu fillo saliu a buscalo e terminou atrapado no estómago dunha balea xigante.
O neno non o sabe aún, por iso cando saen  camiño cara a praia na busca do seu pai toma un desvío cara o País dos Xoguetes. Os outros nenos actúan aquí como unha mala influenza, Pinocho quere divertirse e pasarlo ben. A medida que pasaba máis tempo no País dos Xoguetes Pinocho transformávase nun burro, pero á fada  compadeceuse del e devolveulle a  sua forma human.

A ameaza de que o nariz de Pinocho creza cada vez que mente é un ensino para que os máis pequenos digan a verdade en todo momento, e a historia remata con Gepetto e Pinocho salvándose da balea. Nesa aventura encérranse os valores de obediencia, amor e respecto pola familia e a verdade. Os nenos pequenos hoxe poden aprender deste relato clásico e deixarse levar polo marabilloso relato do boneco de madeira que quería ser neno.

Pinocho é un conto cunha análise educativa enriquecedora xa que está centrado nos valores de obediencia, responsabilidade, sinceridade, compromiso e amor.
É unha obra que mobiliza os nenos porque o personaxe principal ten actitudes que debe modificar para ter acepatación e unha mellor convivencia. Actitudes que foron planificadas no proxecto: "Actuando con valoress"
En conclusión, resumindo este conto déixanos as seguintes ensinanzas e valores:

NON MENTIR
RESPECTAR OS OUTROS
SER RESPONSABLES
QUERER OS PAIS
TER BOS SENTIMENTOS
FACER CASO AOS PAPÁS E MESTRES
NON HAI QUE FALAR CON DESCOÑECIDOS
NON CRER NO QUE CHE DIN NA RÚA

A quen lle crece o nariz...???

Moi ben... acertáchedes é a Pinocho.  Aquí vos deixámos a nosa segunda creación con edilim coas súas actividades correspondentes. Nel mergullaredesvos na fántastica e moralizadora historia de Pinocho xa que é moito máis que un simple conto. Esperamos que vos guste moito, que aprendades moito con él e sobre todo que vos divirtades!!


 
Cute White Flying Butterfly