miércoles, 22 de octubre de 2014

Cóntame un conto... pero con Edilim.



Boas tardes soñadores,

Moitos de vós estádenos preguntado polo software Edilim (un programa para a creación de libros/contos) xa que parece ser que estades a ter problemas para saber como funciona, que é o que podemos e non podemos facer con este programa e a moitos estavos a parecer un pouco complicado utilizalo.

Por iso querémosvos deixarvos un vídeo titorial de youtube que a nós nos serviu para comezar a utilizalo sen desesperarnos. Nos xa lle collemos o truco!







Pero iso non é todo. Por se acaso este titorial non vos chega para coñecer un pouquiño o seu funcionamento tamén querémosvos deixar a páxina web deste programa na que podedes encontrar un montón de información adicional e mesmo o descargar.





Nós xa realizamos o noso primeiro libro con este programa e estámolo a revisar para que dentro de poco volo poidamos ensinar.

Animámosvos a que o probedes e que nos ensinedes as vosas propias creacións.

Mentres podedes botarlles unha ollada a estes contos que encontramos pola rede:

Negros e brancos:


Xogando con Elmer:


Carapuchiña vermella:


O Bosque Encantado:


A qué sabe a Lúa?


Los piratas:


lunes, 20 de octubre de 2014

Actividades con JClic!



         JClic           Benvidos soñadores:
                                   Hoxe traemos algunhas actividades realizadas con JClic.

Puzzles de animales
verlo (applet)

Rompecabezas de animales de 4, 6 y 12 piezas dirigidos a alumnos de educación infantil que empiezan a utilizar el ratón del ordenador, y para ser utilizado como rincón lúdico en el ciclo inicial de primaria. Algunos dibujos pierden calidad a 16 colores, por lo que es recomendable trabajar a 256.
ÁreaDiversos
NivelInfantil (3-6)
Fecha09/11/98
ObservacionesContenido textual mínimo
Licencia de usoEsta obra está bajo una
licencia de Creative Commons




Colores


verlo (applet)
Paquete de actividades Clic sobre los colores dirigido a educación infantil y educación especial. En las actividades se introducen los colores mostrando diferentes objetos de la vida cotidiana con los colores que les representan.

ÁreaLenguas
NivelInfantil (3-6)
Fecha20/12/99
Licencia de usoEsta obra está bajo una
licencia de Creative Commons

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=1181


verlo (applet)
Frutas
Actividades dirigidas a alumnos de educación infantil sobre las frutas.
ÁreaCiencias experimentales, Lenguas, Matemáticas
NivelesInfantil (3-6)
Fecha30/05/05
Licencia de usoEsta obra está bajo una
licencia de Creative Commons

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3113

viernes, 17 de octubre de 2014

Voando polo país do... "Recuncho dos Soños"


Bos días soñadores!

Hoxe empeza o fin de semana para vós e unha nova oportunidade para nós de seguir investigando que cousas podemos mellorar do blog.

Unha das novidades da semana é que cambiamos o cursor do blog! O outro era moooooi aburrido e este é taaan riquiño (como podedes ver tratase dunha bolboreta branca) que vaivos axudar a "voar" polo noso pequeno recuncho:)

Queriamos divirvos que sigades atentos ao noso blog porque dentro de nada vos presentaremos o primeiro programa co que imos crear unha estupenda actividade para animar aos peques á lectura a través do uso das novas tecnoloxías.

Adiviñades cal é a historia que imos traballar? Unha pista: o seu autor é J.M Barrie. Seguides sen sabelo? Pois entonces con esta imaxe seguro que se aclaran as vosas ideas e senón...



"Eu creo nas fadas"

... Pensade no título desta entrada e seguro que o adiviñades!

lunes, 13 de octubre de 2014

Reflexión sobre a búsqueda dos recursos web.

Como xa puidestes observar na entrada anterior, estivemos a traballar con diferentes páxinas de recursos educativos. Agora queremos facer unha pequena reflexión acerca do seu contido.

Todas as páxinas e portais web que analizamos parécennos de moita utilidade xa que serve como referente para obter recursos educativos cos que poder traballar cos nenos e nenas na aula. Todas descubrimos diferentes webs moi interesantes e descoñecidas ata agora por nós.

Consideramos que foi unha busca moi enriquecedora tanto persoal como para un futuro cando sexamos docentes. Ademais esperamos que esta análise lles sirva a outros compañeiros da aula para descubrir novas actividades, xogos, etc.

Esperamos seguir facendo actividades tan productivas coma esta!

Analizando os recursos da rede.

Ola soñadores!

Qué tal o inicio de semana? Nós coas pilas ben cargadas :)

Hoxe traémosvos unha pequena análise de páxinas e portais web na que estivemos a traballar estes días.

Animámosvos a que lle botedes unha ollada e a que nos vaiades dicindo que vos parece.





Para velo con Google drive:

https://drive.google.com/file/d/0BzHpFRe-1uoWLUdRRTFfZ0p3YmdLZGE5bEJweGR3aTFEdHVF/view?usp=sharing


Para velo con Dropbox:

https://www.dropbox.com/s/2o38x476t2kcdb1/Recursos%20web%20de%20O%20recucnho%20dos%20so%C3%B1os.doc?dl=0





sábado, 11 de octubre de 2014

Música para non deixar de soñar!

Boas noites soñadores =)

Esperamos que esteades a pasar un bo fin de semana! Nós, como podedes ver, seguimos traballando para traervos cousiñas novas.

Hoxe queremos presentarvos unha nova incorporación ao blog, trátase de... MÚSICA! Si, como o estades a ler... e escoitando! Que vos parece?

"O libro máxico" de Migallas
Aínda que de momento só puxemos unha canción ("O libro máxico" de Migallas), pouco a pouco entre nós iremos engadindo moitas máis a lista de reprodución para que teñades máis variedade e non vos aburrades. Algunha suxerencia?

Imaxes sacadas da web de Migallas:
"www.migallas.com"






Esperamos que vos guste e que coma sempre, gocedes do que queda de fin de semana.

Un biquiño!

lunes, 6 de octubre de 2014

O noso proxecto! (Actualizado)

Ola de novo soñadores!

Chegou o momento que todos estabamos esperando: o informe do noso proxecto acaba de saír do forno. Por se non o sabedes o noso proxecto trata sobre a introducción da pizarra dixital (PDI) na aula. Como veredes, non nos centramos nun tema específico senón que tratamos diversas temáticas, xa que o obxectivo principal é achegar aos nenos ao uso e coñecemento das novas tecnoloxías. 

Esperamos que sexa do voso agrado e que nos comentedes se os parecen interesantes as actividades plantexadas!

Para velo con Google drive:


https://drive.google.com/file/d/0BzHpFRe-1uoWS1R5VGpxc0NqQlE/view?usp=sharing

Para velo con Dropbox:

https://www.dropbox.com/s/kloemvli1c844va/Proxecto%20grupo%205%20do%20B1%5B1%5D.doc?dl=0





 
Cute White Flying Butterfly