martes, 30 de septiembre de 2014

¡Novidades do blog!

Pouco a pouco e a medida que avanzamos imos descubrindo todas as posibilidades que nos ofrece blogger.

Hoxe queremos contarvos que engadimos varias opcións moi prácticas tanto para vós coma para nós:

A primeira delas é un enlace directo a outros blogs creados polos nosos compañeiros de clase que podedes encontrar á dereita das vosas pantallas. Cremos que é moi importante estar informados do traballo dos demais membros doutros grupos e estamos seguras de que toda a información que nos acheguen vos axudará tanto a vós coma a nós para aprender un pouco máis sobre o uso das TIC na aula e tamén fará que melloremos a nosa formación como futur@s maestr@s de Educación Infantil.

E a segunda trátase dun pequeno buscador que encontraredes na parte de arriba á dereita e que vos servirá para buscar información tanto no noso blog coma no dos nosos compis de clase. Animámosvos a probalo! ... a que é moi útil?

Ademais de todo isto engadimos un pequeno contador de visitas para manternos informadas de canta xente nos vedes de cando en vez... esperamos que grazas a vós suba pouco a pouco e vos guste o que vaiamos publicando!
E de momento isto é todo soñadores! 

"Se puede matar al soñador pero no al sueño" David Abernathy


Pronto vos iremos contando que "nova tecnoloxía" escollemos para traballar na aula e que proxecto imos ir elaborando.

Gozade do que queda de semana!


lunes, 22 de septiembre de 2014

Reflexión sobre a materia:

Dende o noso punto de vista, esta materia parécenos moi interesante e práctica debido a que é moi útil para traballar con nenos/as no día a día, xa que nos ofrece recursos audiovisuais e tecnolóxicos que, ben usados, nos facilitarán a ensinanza na aula.

A pesar disto, atopámonos con algunhas dificultades como por exemplo:
- Falta de información e experiencia previa.
- Falta de dominio dos termos lingüísticos utilizados no ámbito tecnolóxico.
- Descoñecemento do funcionamento dos programas relacionados co proxecto (JClic, hotpotatoes...)

Aínda así temos unha actitude positiva cara a materia e esperamos aprender moito e obter bos resultados ao longo do curso.

lunes, 15 de septiembre de 2014

Benvidos soñadores!

Os soños son moi importantes porque nada se fai sen que antes se imaxine, por isto a educación non é posible sen soños.
Este recuncho vai destinado para que as familias vexan o día  a día dos nenos na escola, e así poidan ver o seu progreso. Ademáis aquí tamén poderedes ver as diferentes actividades que creamos para traballar cos nenos/as (fotos, vídeos...).
Esperemos que vos guste e que vos animedes a soñar con nós e cos vosos pequenos.

Un saúdo.

 
Cute White Flying Butterfly