lunes, 1 de diciembre de 2014

Avaliando aos nosos compañeiros!!

Avaliar os compañeiros non soe ser do agrado de ninguén pero dado o ben que o fixeron todos non hai problema ningún asi que vamos aló:

Cariocas: Hoxe este grupo presentounos unha fántástica exposición na que nos ensinaron a fondo o seu traballo durante o curso. Foi moi amena e visualmente moi atractiva, onde nos amosaron as súas propostas no blog e tamén as actividades que fixeron sobre os animáis para os peques. Maila sua xuventude pensamos que se esforzaron moito por sacar o traballo adiante superando as dificultando as dificultades que se lles presentaban por diante. Por iso a nota que lle damos é de un 5/5.

Un mundo mágico: Estas compañeira empezaron a sua presentación cun fermosísimo vídeo onde resumían as suas ilusións postas no seu proxecto e nesta asigatura... namoraronos! Gustounos moito a sua orixinalidade, cualidade importantísima para todos os/as profesionáis da educación. Ademáis fixeron una bonita, clara e concisa presentación sobre o seu blog donde resumiron as ideas mais importantes. A nota que lle damos é de... 5/5.


Correteando: Orixináis e moi divertidos! O único grupo mixto da clase fixeron unha graciosísima presentación onde nos amosaron o mellor do seu proxecto e do seu blog. Unha das cousas que máis nos gustou foi a sua presentación cos Alphablocks e que nos puxeran o vídeo destes personaxes que non coñecíamos. Ademáis tamén nos encantou que traballen o inglés cos nenos e que enfocaran as súas actividades tendo en conta este idioma... polo seu traballo merécense un 5/5.

Cativadas: O grupo das peques da clase. Deste grupo queremos destacar que han traballado moi duro para sacar a diante un proxecto precioso, cercano e moi didáctico para os nenos sen unha das súas compañeiras. Nos ha gustado moito que enfocaran a seu traballo no pan e que haxan apostado polo grupo Migallas para traballalo... barreron para casa! Damoslle a noraboa e tamén... un 5/5.


Valoramos moito o esforzo de todos os nosos compañeiros e compañeiras xa que todos comezaron a traballar dende cero e absolutamente todos conseguiron facer un traballo a altura do que se nos pedía!

Por último, queremos darlles as grazas tanto a todos e cada uns dos nosos compañeiros coma á nosa profesora (que nos endulzou o día) por facer que estas clases de tarde fosen entretidas e amenas. Esperamos coincidir con vós mais adiante porque de verdade que sodes un grupo INCRIBLE!


GRACIAS 




Presentación final!

Boas noites soñadores!

Hoxe tocounos expoñer o traballo feito estos meses na asignatura de Novas Tecnoloxías aplicadas a educación.

Para presentalo utilizamos o programa "Prezi" xa que nos permitía facer ese viaxe polo noso traballo e explorar todos os recunchos donde puxemos os nosos soños: no proxecto, nas actividades e tamén como no... neste blog.


Para velo os deixamos o enlace dunha carpeta comprimida que tedes que descargar e extraer a carpeta completa, senón no poderedes velo... os aseguramos que os vai gustar!

domingo, 30 de noviembre de 2014

Para facer cos meniños!

Boas e frías tarde soñadores!

Como vedes, xa queda menos para que chegue o inverno e con el... o NADAL! E dende "O recuncho dos soños" queremos propoñervos unha manualidade moi sinxela para vosos peques da partir de 2 anos que realizamos o venres nun taller sobre como decorar a aula en Nadal.

Trátase dun reno para decorar a árbore de nadal ou para colocar onde vós queirades... simplemente hai que botarlle imaxinación.  


Os materiais que necesitardes son:


1) Tres paus de xeado.
2) Un pompón vermello.
3) Dous ollos móbiles.
4) Espumillón dourado.
5) Fita de dobre cara.

Os pasos a seguir son:


1) Pegamos dous dos paus facendo unha "uve" con fita de dobre cara e seguidamente pegámoslle enriba o pompón tamén con esa fita.
2) Despois colocamos o terceiro pau de forma horizontal.
3) A continuación, debaixo do terceiro pau, pegamos debaixo os ollos móbiles.
4) Enrolamos no pau horizontal o espumillón.

A que é moi sinxelo?? 

Ademais de todo isto... para celebrar que xa se achega o inverno puxemos no blog neve caendo... gústavos?

A nós... moito!!! :)

lunes, 24 de noviembre de 2014

A nosa experiencia nesta materia

Quen nos diria que ibamos a chegar ata aqui!!! Xa estamos na reta fínal.
O principio costounos moito arrancar, non sabíamos nin que facer nin como avanzar, estabamos moi perdidas pero pouco a pouco fomos encontrando o noso camiño e escalón a escalón superamonos ata chegar á meta. Non foi fácil xa que o estrés e a tensión constante formaron parte de nós durante moito tempo. Un reflexo desta aventura é a viñeta que mostramos a continuación. Con isto queremos trasmitirlle a todos que nada é imposible pero sobre todo hai que intentalo.






E non vos esquezades: sexa o que sexa que podes ou soñes que podes, COMEZAO!!!!!!

A nosa webquest!!

Boas noites Soñadorees!!
Xa está lista a nosa webquest! queredes saber de que vai?
Para iso primeiro tendes que encontrarnos neste blog.
Unha pista: Un cubo xigante cheo de dibuxos aparece con nós.
Ánimo!! en canto nos encontredes pinchade na foto e poderedes disfrutar coa webquest.

Un saúdo











Suma e descubre!

Ola soñadores!

Hoxe subímosvos a nosa última actividade do proxecto. Ao principio estaba diseñada para ser utilizada co programa Ardora pero tras uns pequenos problemas técnicos tivemos que cambiala e facela coa PDI.



Aquí vos deixamos o enlace:


Disfrutadea! 

jueves, 20 de noviembre de 2014

Un debuxo, un dereito!

Pois ben soñadores as integrantes do Recuncho dos Soños e algúns dos nosos e das nosas compañeiros e compañeiras doutros blogs tamén hemos querido aportar o noso debuxo con fin de completar este enorme cubo. 

Queredes velos?? Pois aqui os deixamos  os de tres de nos :)











Este é o debuxo de ... SARA!






















Este é o debuxo de ARI!













Este é o debuxo de CRIS.











De esquerda a dereita: NEREA, XEILA Y AINARA  Del blog:  http://voandoentrecorcheas.blogspot.com.es/













PABLO
Del blog: http://correteandoinfantil.blogspot.com.es/
TATIANA
Del blog: http://mergullatenoveran.blogspot.com.es/


Dende o Recuncho dos Soños animámosvos a que fagades os vosos debuxos, pensedes en aqueles nenos e nenas que lles han privado dos seus dereitos e que SOÑEDES! Que soñedes cun mundo mellor, onde todos os meniños teñan unha familia, poidan xogar, asistir a escola, ser escoitados, non ser discriminados nin marxinados, que todos teñan atención médica... en resume, QUE OS MENIÑOS SEXAN FELICES, QUERIDOS E PROTEXIDOS.

Porque se PODEDES SOÑALO... PODEDES FACELO! 

De esquerda a dereita... SARA, CRIS, ARI E JENNY

"O RECUNCHO DOS SOÑOS"

 
Cute White Flying Butterfly